BABY BOOM NO PARAÍSO
DE ANA ISTARÚ
ESTREADA EN XUÑO DE 2010
SINOPSE
Eva cóntanos a súa experiencia como nai a través de diversos flashbacks nos que imos observando todo o proceso de concepción e xestación do seu bebé. Poderemos observar, deste modo, como a presión social inflúe nas decisións sobre un tema tan importante, así como os distintos obstáculos que ten que evitar unha nai primeriza ata que decide tomar as rendas do seu propio destino e loitar pola súa propia maneira de ver a realidade.
Baby Boom no paraíso é un espectáculo que desmitifica, desde o humor, a ironía e a sátira mordaz, os tópicos existentes sobre o embarazo e o ambiente familiar e extra-familiar que se crea arredor dunha muller en estado. Temas secundarios son as relacións de parella, a necesidade dos pais de manter a libertade de decisión ante as presións familiares e a crítica á estrutura fría e impersoal do sistema sanitario. Todo isto desde unha postura de defensa dos derechos da muller a decidir sobre a mellor maneira de afrontar unha situación semellante.
FICHA ARTÍSTICA
ELENCO
María del Carmen Fernández
Aída Saíz
Isidro Valencia
Francisco Gómez
José Rubio
Severino Pérez
Ricardo Rodríguez
Voz do bebé: Sandra Varela
ESCENOGRAFÍA: Alberto Bahón
VESTIARIO: Galicia Iglesias "Gali"
PROXECCIÓNS: Diego Blanco
DESEÑO GRÁFICO: José Lameiras
UNIDADE DIDÁCTICA: Melania Cruz
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz
DRAMATUXIA, ESPAZO SONORO, ILUMINACIÓN
E DIRECCIÓN: Tito Asorey