top of page

A VODA DOS PEQUENOS BURGUESES

DE BERTOLT BRECHT

ESTREADA EN XUÑO DE 2012

 

Nove personaxes danse cita para celebrar un acto enormemente popular: una voda. Neste momento liminar no que parece que todo pode suceder os pobladores deste microuniverso liberarán as súas paixóns, os seus desexos, as súas frustracións e os seu nerviosismo creando unha especie de “paisaxe humana” que servirá para nos ofrecer o reverso grotesco do espello dunha sociedade.

 

SINOPSE

Unha parella de casados recentemente prepárase para celebrar o banquete de voda na súa casa. O noivo pasou os cinco meses anteriores construíndo a casa ideal, con mobles realizados por el mesmo, en cuxa elaboración puxo todo o seu cariño e a súa dedicación. Á voda asisten varios convidados: os respectivos pais dos noivos, unha amiga e un amigo do noivo, a irmá da noiva e dous membros da alta sociedade. Ao longo da festa o que semella comezar como unha elegante velada vaise pouco a pouco convertendo nun pesadelo para a parella: o pai dela non parará de contar historias terribles e noxentas, o amigo do noivo terá un affaire coa irmá da noiva, a súa amiga cantará unha canción sumamente obscena, a señora romperá unha tras outra as cadeiras nas que se vaia sentando, e o marido desta sufrirá un ataque de ira contra ela. Pouco a pouco todo no que os noivos puxeron as súas esperanzas irase derrubando, comezando polos mobles que, ao teren sido montados cunha cola caseira feita polo noivo, se irán destruíndo a medida que avanza a acción. Todo semella indicar que a noite de vodas vai ser un completo desastre, pero unha vez liberados da presión social que todas as personaxes exercen sobre eles, esquecerán os seus problemas para dedicarse ao que o corpo lles pide: o amor carnal, fonte de felicidade e esquecemento da traxedia cotiá. 

 

 

 

 

FICHA ARTÍSTICA

 

ELENCO

Aída Saiz

María del Carmen Fernández

Severino Pérez

Chechu Salgado

Andrea Cid

Francisco Gómez

Amelia Taboada

Tito Asorey

Ricardo Rodríguez

 

DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: Montse Piñeiro

REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Luis Iglesias "Luchi"

ILUMINACIÓN: Tito Asorey

VESTIARIO: Yaiza Pinillos

UNIDADE DIDÁCTICA: Melania Cruz

AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tito Asorey

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

cartel_boda_burgueses_ARTEFINAL_+logos c
bottom of page