top of page

A VISITA DA VELLA DAMA

DE FRIEDRICH DÜRRENMATT. VERSIÓN DE TITO ASOREY

TEATRO MUXICAS

ESTREADA EN XUÑO DE 2014

SINOPSE

Güllen é unha cidade miserable e decadente situada nalgún lugar de Europa. Os seus habitantes, sumidos nunha terrible crise económica, pasan os días lembrando con nostalxia os fermosos e vellos tempos. A localidade agarda con impaciencia a visita da súa cidadá máis ilustre, a multimillonaria Clara Zachanassian, que logrou acadar unha grandiosa fortuna despois de marchar da cidade sendo moi nova. 

Á súa chegada, Clara anuncia que está disposta a axudar á reactivación da economía de Güllen cunha enorme cantidade de diñeiro, o que suporía o seu florecemento e convertiría en ricos a todos os cidadáns. A condición que a millonaria pide a cambio dos cartos vai poñer en cuestión todas as bases morais desa cidade. 

Nesta comedia negra trátanse temas tan incendiarios como son a vinganza, a morte, o poder, a submisión dun pobo ou a destrución da ética dunha sociedade por causas económicas. No mundo que habitamos, cidadáns dun país sumido nunha fonda crise económica pero tamén de valores, a peza de Dürrenmatt está máis de actualidade que nunca. O autor prefigura o que se coñece como "doutrina do shock", mediante a cal os grandes poderes sérvense de desastres naturais ou artificiais para poder facerse donos dun país e implantar novos modelos sociais, arrasando a súa forma de vida e obrigando a que admitan uns valores que en ningún caso, en momentos de bonanza, consentirían en admitir. Esta é a base e a tese do noso espectáculo: como a moral dun pobo se pode transformar en base a intereses económicos. Todo isto tratado cun fondo sentido do humor e cunha grande beleza plástica. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FICHA ARTÍSTICA

 

ELENCO

Aída Saíz

María del Carmen Fernández

Severino Pérez

Francisco Gómez

Marina Araújo

Luis Pequeño

Teresa Rodríguez

Ricardo Rodríguez

Chechu Salgado

Andrea Cid

 

ESCENOGRAFÍA: Luis Iglesias "Luchi"

ILUMINACIÓN: Tito Asorey

VESTIARIO: Yaiza Pinillos

DESEÑO GRÁFICO: José Lameiras

AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Tito Asorey

DRAMATURXIA: Tito Asorey

DIRECCIÓN: Melania Cruz

CARTEL.jpg
bottom of page