ARSÉNICO POR COMPAIXÓN
DE JOSEPH KESSELRING. VERSIÓN DE TITO ASOREY
TEATRO MUXICAS
ESTREADA EN XUÑO DE 2016
Arsénico por Compaixón, en versión de Tito Asorey, é unha comedia negra que, tomando como base a obra de Joseph Kesselring (na que se basea o famoso filme protagonizado por Cary Grant), traslada a acción á Galicia da nosa época. Trátase dun vodevil cheo de frescura, dinamismo e inxenio, cunha posta en escena áxil e chea de movemento, na que o público goza de 65 minutos de sorpresas e continuos xiros de guión.
SINOPSE
Lucía, unha moza que traballa de actriz nunha coñecida serie da TVG, visita ás súas anciás tías antes de casar co seu mozo. Durante a visita descobre que as súas amables, tenras e bondadosas familiares teñen un xeito estraño de practicar a caridade. Cando é consciente de que agochan o cadáver dun ancián no frigorífico da súa cociña, dáse de conta dunha terrible realidade: as súas tías dedícanse a solucionar os problemas de soidade dos velliños que van visitalas facendo que pasen a mellor vida mediante un combinado de velenos que lles introducen na bebida. Ante esta realidade, Lucía ten que tomar unha decisión urxente...pero non será sinxelo, porque outro problema enreda aínda máis a trama: a chegada do seu irmán, un criminal desaparecido hai anos, que volve con outro cadáver no maleteiro do seu coche e do que quere desfacerse. Lucía terá que poñer todo o seu empeño en resolver esta delicada situación.
FICHA ARTÍSTICA
ELENCO
Aida Saiz
Uxía Morán
Maria del Carmen Fernandez
Severino Pérez
Francisco Gómez
Berta Román
Marina Araújo
Iago López
Luis Pequeño
Teresa Rodríguez
Carmen Bermúdez
Ricardo Rodríguez
DESEÑO DE ESCENOGRAFÍA: Montse Piñeiro e Laura Iturralde
REALIZACIÓN DE ESCENOGRAFÍA: Luis Iglesias "Luchi"
ILUMINACIÓN: Tito Asorey
VESTIARIO: Yaiza Pinillos
DESEÑO GRÁFICO: José Lameiras
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Melania Cruz
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Tito Asorey