top of page

Teatro Muxicas

Arte escénica inclusiva

Os nosos obxectivos

Cremos na formación continua como base dun traballo escénico comprometido coa nosa realidade. O teatro pode ser, ademais dun lugar de creación escénica, un xeito de atopar unha maior conciencia de nós mesmos, unha procura de identidade, un xeito de relacionarnos cos outros, un camiño de coñecemento. 

A nosa liña de traballo céntrase tamén na creación de espectáculos de alta calidade artística, para o que poñemos  todo o noso esforzo en posibilitar que os procesos sexan intensos, dilatados e apaixonantes, contando cos mellores profesionais ao noso alcance que convirtan cada peza nunha experiencia única. 

Consideramos que unha parte fundamental do proceso de creación escénica pasa por confrontar o traballo co público, polo que tratamos de que os nosos espectáculos teñan unha distribución o máis intensa posible, visitando teatros de todo o país e dando a coñecer o noso labor a todo tipo de espectadores.

A nosa Filosofía

Teatro Muxicas é un espazo de creación artística conformado por actrices e actores invidentes ou con discapacidade visual grave. Creado e apoiado polo ONCE de Ourense, o grupo leva máis de 20 anos contribuíndo a  que as persoas con diversidade funcional poidan realizarse como seres creativos, posibilitando o seu acceso a un universo, paradoxalmente tan visual, como é o teatro. 

 

Teatro Muxicas levou a escena catorce espectáculos teatrais cos que visitaron un grande número de teatros de todo o estado (entre eles algúns tan especiais como o Teatro Arriaga de Bilbao), e foi galardoado no ano 2012 co Premio MAX ao Teatro Afeccionado, como membro do Movemento Teatral ONCE. 

Premios-Max.jpg
logo-once.jpg

Testemuños dos participantes

bottom of page